Arquivos do autor: Airiños

Exposición 80 aniversario de Airiños

cartazAirinhosExpoRianxoConvidámosvos o próximo 8 de xuño, ás 21 horas, a inauguración da exposición Cadro Artístico Airiños 1933-2013 80 aniversario que terá lugar no Auditorio de Rianxo. Nesta exposición facemos unha breve viaxe a través das diferentes pezas representadas, de vestiario empregado, textos e recordos do longuísimo percorrído historico do grupo de teatro.

A exposición poderá visitarse dende o 8 de xuño ao 6 de xullo.

Pedrón de Ouro

Na casa do Ciruxan 1970

A Fundación Pedrón de Ouro ven de condecer o Pedrón de Ouro 2013 ao Grupo de Teatro Airiños, como un caso singular de afección teatral na que teñen participado boa parte dos veciños durante catro xeracións coa idea de divertir e achegar a cultura ao pobo.

Moitas grazas por este recoñecemento no noso oitenta aniversario o cal recibimos con moito cariño e ilusión.

María Casares

Santos entregando un María CasaresA Asociación de actores e actrices de Galicia convidou a Airiños a entregar un dos premio María Casares, nos que se que recoñece aos traballadores da profesión teatral galega. Algúns membros de Airiños asistiron á Gala, celebrada no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, entre eles Xesús Santos que foi o encargado da entrega da xerra coa que se galardona aos premiados.

Grazas a asociación por contar con nós.

Premio Arousán do Ano

ENTREGA PREMIOS GALA AROUSANS DO ANO DIARIO DE AROUSA

Onte o Grupo de Teatro Airiños recollemos en Vilagarcia o premio Arousán do Ano na categoría de Cultura polo “desenvolvemento dun gran traballo cultural en toda Galicia e o esforzo que ten esta labor dende o ano da vosa fundación”. A gala acudimos un grupo dos actuais membros tanto adultos como pequenos.

Moitas grazas ao Diario de Arousa polo recoñecemento.

Un mar de mulleres

Un mar de mulleres“Un mar de mulleres” é un pequeno contacontos dramatizado escrito e dirixido por Esther F. Carrodeguas para o Cadro Artístico Airiños arredor da muller no mar. A raíz dunha proposta da Concellalía de Cultura, decídese continuar con este teatro de pequeno formato (media hora) o que permite unha creación a medida e o espallamento da cultura polas difentes parroquias rianxeiras. Neste caso, coincidindo co mes da muller traballadora, decídese facer unha pequena homenaxe a todas as mulleres que traballan no mar, dende as mariscadoras, ás mairñeiras, redeiras, pescas e vendedoras, traballadoras da fábrica de conservas… Deste xeito, moitos nenos e nenas da vila poden aprender alguns traballos que descoñecen ou no seu caso, valorizalos. Trátase ademáis dun espectáculo, coma o resto dos teatros express, de carácter familiar, que tenta aunar a educación coa diversión dos mais pequenos, apelando tamén aos recordos dos adultos que poden ver reflexada en escena o seu presente, ou o seu pasado. Mesturando en escena as mariscadoras de antaño coas actuais, ou as expertas coas inexpertas, conséguese un conto para todas as idades no que as protagonistas son sempre esas mulleres do mar.

“Un mar de mulleres” virá representado a vindeira fin de semana nestes lugares e horarios:

SÁBADO 16 DE MARZO
Taragoña: Centro Cultural – 17.00 horas
Araño: Centro Sociocultural – 18.00 horas
Asados: Centro Cultural – 19.00 horas

DOMINGO 17 DE MARZO
Isorna: Casa da República – 17.00 horas
Leiro: Centro Cultural Vicente Vidal – 18.00 horas
Rianxo: Auditorio de Rianxo – 19.00 horas