Arquivos do autor: Airiños

Facemos 90 anos!

Énchenos de ledicia celebrar o noso 90 aniversario, o que nos converte no grupo de teatro amador máis antigo de Galiza. Para celebralo, organizamos unha programación que vai ocupar todo o que queda do 2023 e máis. Editamos un libro, organizamos presentacións, imos facer as xa míticas veladas e, como colofón, versionaremos un clásico moi querido pola compañía e estraremos “As vellas non deben de namorarse”.

Para máis información podes consultar a nosa web do 90 aniversario: https://www.airinhos90anos.com/

Ou seguirnos nas nosas redes sociais.

Última de Mass Co-Medias na Baña

E todo chega ó seu fin. Mass co-Medias será representada por derradeira vez este sábado 30 de xuño ás 20h no Centro Social e da Terceira Idade de A Baña grazas á Rede Cultural da Deputación da Coruña e ao propio concello de A Baña. Así que, se aínda non a vistes, a que esperas? Agardámosvos na Baña 🙂 Entrada de balde.

Os Fantásticos estrean “Evolución”

Un xuño máis Os Fantásticos, da Escola de Teatro Airiños, presentan a obra na que estiveron traballando ó longo de todo o ano, “Evolución”, escrita a dirixida por Raquel Ramos. Os Fantásticos confórmano 17 grandes actrices e actores: Breo, Irene G., Irene O., Iria, Laura, Lois, Lucía, Mateo, Marta, Noela, Rodrigo, Sara G., Sara R., Silvia, Uxía R., Uxía G. e Zaire.

Ficades todos convidados o sábado 9 de xuño ás 20.30h no Auditorio de Rianxo! Entrada de balde (non é preciso recollelas con antelación, éntrase sen entrada).

“A cousa de Bernalda Alba” por Martabelas

Hoxe venres 1 de xuño, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o grupo teatral Martabelas presenta a obra A cousa de Bernarda Alba. Esta actuación está enmarcada nun intercambio teatral que facemos con este grupo de Teo.

A función terá lugar as 21.00 horas. A entrada ten un custo de 2 € e pode adquirirse unha hora antes na billeteira do auditorio.