Facemos 90 anos!

Énchenos de ledicia celebrar o noso 90 aniversario, o que nos converte no grupo de teatro amador máis antigo de Galiza. Para celebralo, organizamos unha programación que vai ocupar todo o que queda do 2023 e máis. Editamos un libro, organizamos presentacións, imos facer as xa míticas veladas e, como colofón, versionaremos un clásico moi querido pola compañía e estraremos “As vellas non deben de namorarse”.

Para máis información podes consultar a nosa web do 90 aniversario: https://www.airinhos90anos.com/

Ou seguirnos nas nosas redes sociais.

Quico Cadaval en Asados.

O vindeiro Domingo, 4 de novembro ás 19:00 h, nas escolas vellas de Asados,                organizamos unha tarde de humor e contos co grande Quico Cadaval.

Non perdades a ocasión de vir botar unhas risas connosco e cos “Inocentes”

Entradas a 5 euros na taquilla e no mesmo día. Animádevos!

85 ANOS NON SON NADA!

 

O pasado mes de setembro levamos a cabo a gala dos 85 anos de Airiños, “Esta noite velada”, no auditorio de Rianxo. Dende aquí queremos agradecer a todos os que nos acompañastes e fixestes posibles estas veladas e as faredes durante 85 anos máis. Foi marabilloso!
Non queremos deixar pasar a ocasión para agradecer a toda a xente que fixo posible esta gala, e especialmente aos músicos  e artistas que nos brindaron o seu talento e a súa compaña durante estes días.
Grazas a moreas a Barahúnda, Río de Anxo, Xosé Luís Dopico e Sabela Galbán na parte musical. E por suposto, grazas a  Quico Cadaval, Esther Carrodeguas e Antón Vilariño e Ché Tembra e a súa Pimpinela, por facer que a homenaxe a Xesús Santos fose diferente e máxica cada día. Grazas tamén a Raquel e Maura, pola súa axuda en billeteira e no posto de merchandising, que sempre que as precisamos, aí están.

Grazas!

Saúde e teatro pra tod@s!

Última de Mass Co-Medias na Baña

E todo chega ó seu fin. Mass co-Medias será representada por derradeira vez este sábado 30 de xuño ás 20h no Centro Social e da Terceira Idade de A Baña grazas á Rede Cultural da Deputación da Coruña e ao propio concello de A Baña. Así que, se aínda non a vistes, a que esperas? Agardámosvos na Baña 🙂 Entrada de balde.

Os Fantásticos estrean “Evolución”

Un xuño máis Os Fantásticos, da Escola de Teatro Airiños, presentan a obra na que estiveron traballando ó longo de todo o ano, “Evolución”, escrita a dirixida por Raquel Ramos. Os Fantásticos confórmano 17 grandes actrices e actores: Breo, Irene G., Irene O., Iria, Laura, Lois, Lucía, Mateo, Marta, Noela, Rodrigo, Sara G., Sara R., Silvia, Uxía R., Uxía G. e Zaire.

Ficades todos convidados o sábado 9 de xuño ás 20.30h no Auditorio de Rianxo! Entrada de balde (non é preciso recollelas con antelación, éntrase sen entrada).