Arquivos do autor: Airiños

“Nin rico nin pobre” no Teatro Principal

Imos soltando amarras porque o domingo 23 de decembro as 19.30 atracamos no Teatro Principal en Santiago de Compostela. O custo da entrada é de 5€, donativo integro para a Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer. Estas pódense adquirir o día da obra na taquilla do Teatro Principal dúas horas antes da representación, ou anticipadamente, poñéndose en contacto coa AGADEA.

Premio da Cultura Galega 2012

O Grupo de Teatro Airiños recibe o premio da Cultura Galega 2012 na categoría das Artes Escénicas.

“O grupo de teatro Airiños, de Rianxo, foi o premiado na categoría das Artes Escénicas polo traballo desenvolvido desde a súa creación, no ano 1933, que o converte na máis lonxevo de Galicia. Así, ao longo de catro xeracións, esta iniciativa veciñal vén sendo protagonista da construción dunha creatividade escénica de raíz popular desde o ámbito local.”

Fonte: Xunta de Galicia