Sen que remate o primeiro mes do ano, Airiños terá xa a súa primeira función. Anacos de Castelao: unha pequerrecha peza de Teatro-Express, que retomaremos con motivo dos actos Castelao. Agardámovos o sábado 26 as 20.30h no Auditorio de Rianxo.
Arquivo da categoría: Novas
Superapalpadorciño, o actor de Airiños que foi ao Courel e volveu con mel
O grupo de Teatro Airiños convídavos este nadal a desfrutar có Superapalpadorciño, unha obra destinada a un público familiar.
Bo nadal e felices festas.
MÉRCORES 26 DE DECEMBRO
Rianxo: Auditorio de Rianxo – 18.00 horas
XOVES 27 DE DECEMBRO
Taragoña: Centro Cultural – 17.00 horas
Araño: Centro Sociocultural – 18.00 horas
Asados: Centro Cultural – 19.00 horas
VENRES 28 DE DECEMBRO
Leiro: Centro Cultural – 17.00 horas
Isorna: Unitaria da Bacariza – 18.00 horas
“Nin rico nin pobre” no Teatro Principal
Imos soltando amarras porque o domingo 23 de decembro as 19.30 atracamos no Teatro Principal en Santiago de Compostela. O custo da entrada é de 5€, donativo integro para a Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer. Estas pódense adquirir o día da obra na taquilla do Teatro Principal dúas horas antes da representación, ou anticipadamente, poñéndose en contacto coa AGADEA.

