Arquivo da categoría: Novas

Todas as novas sobre o grupo de teatro

Finde movidiño

Xoán Esta fin de semana estaremos en 2 sitios. O venres 11 continuamos polo Barbanza, concretamente en Boiro, onde actuaremos ás 21.00h na Cachada. Sábado 12 cambiamos de aires e imonos ao Concello de Brión, terras que fai moitos anos que non visitamos e que esperamos que teñan gañas de pasalo ben. Será ás 20.30h no Centro Polivalente.

Unha morte lanzal. A traxedia do bou Eva

cartel-unha-morte-lanzal-okO vindeiro venres 28 de outubro, ás 20.00 horas, terá lugar no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo a presentación da obra escrita de Julian Rodríguez Novo, Unha morte lanzal. A traxedia do bou Eva, editada por Discursiva.

No acto estarán presentes D. Xesús Alonso Montero (presidente da Real Academia Galega), Esther Carrodeguas (membro de Barbantia), Enrique Sánchez Sotelo (Editorial Discursiva), Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo) e o propio autor da publicación.

A apertura musical do acto correrá a cargo de Antón Alcalde da Escola de Música de Rianxo e o peche do mesmo será a conta nosa, Teatro Airiños, cunha breve lectura dramatizada da obra.

Na traxedia do Bou Eva, os irmáns Insúa, curmáns de Castelao e fundadores deste grupo de teatro, suicidaronse defendendo os seus ideais, a república e un mellor porvir para Galicia.

Lectura dramatizada en homenaxe a Valle Inclán

cartel-contos-valle_airinos É unha honra para nós anunciarvos que o 22 de outubro ás 20.30h estaremos no Museo Valle Inclán (A Pobra do Caramiñal) realizando unha lectura dramatizada con galo das Xornadas de Homenaxe a Ramón del Valle Inclán.

Dramatizaremos o discurso de Castelao “Galicia e Valle-Inclán” e 4 contos galegos curtos do homenaxeado: Malpocado, O cabecilla, O meu bisavó e Os ollos que viron.

Non faltedes!

Premio do Público na I Mostra Alter Ego

14572376_1316142815071275_7591011243340630898_nGRAZAS!
Non hai mellor palabra para expresar o que sentimos. Grazas a tod@s os que nos foron ver, e grazas por outorgarnos o premio do público. Grazas tamén á Agrupación Teatral Criaturas por atreverse a organizar esta Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego. E os nosos parabéns polo traballo realizado, porque sabemos o esforzo que isto supón. Grazas, grazas!