Arquivos da etiqueta: mostra de teatro

Os Kabramakabra fanse con dous Premios na III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”

Hai uns meses faciámosvos partícipes da nosa alegría de ser uns dos 5 grupos seleccionados de 19 inscritos para participar na III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” do Concello de Zas. Unha vez rematadas as cinco representacións, este domingo 27 de maio tivo lugar a entrega de premios no Auditorio de Baio nun acto no que tamén se pechou a XI Escola Municipal de Teatro Infantil coas obras interpretadas polos alumnos e alumnas. O xurado desta terceira edición da mostra de teatro estivo composto por:

  • Manuel García Velo, Concelleiro de Cultura do Concello de Zas
  • Ana Lucía Otero Ramos, animadora cultural do Concello de Zas
  • Ricardo Vigeret Gil, membro do grupo de teatro Badius
  • Alberto Villar López, membro do grupo de teatro Badius
  • Pablo G. Soto Videla, membro do grupo de teatro Badius

Os Kabramakabra están de racha pois fixéronse con dous dos catro premios: Mellor Actor para Luismi Ramos e Mellor Obra Premio do Público. Deste xeito Mass Co-medias suma xa 5 premios cos recollidos no Certame de Lourenzá e nos Premios Buero de Teatro Joven.

Felicitar dende aquí tamén aos compañeiros finalistas: O Catre Teatro (As Pontes), Tiruleque (O Carballiño), Ditirambo Teatro Coruña (Montrove) e Paso de Valverde (Arteixo), en especial a Ditirambo Teatro polos seus premios de Mellor Obra Premio do Xurado e Mellor Actriz para Chelo G. Falcón.

Agradecer tamén ao Concello de Zas pola súa aposta continuada polo teatro afeccionado e en especial a Lucía e a Fidel polo seu bo facer. Grazas 🙂

Premio do Público na I Mostra Alter Ego

14572376_1316142815071275_7591011243340630898_nGRAZAS!
Non hai mellor palabra para expresar o que sentimos. Grazas a tod@s os que nos foron ver, e grazas por outorgarnos o premio do público. Grazas tamén á Agrupación Teatral Criaturas por atreverse a organizar esta Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego. E os nosos parabéns polo traballo realizado, porque sabemos o esforzo que isto supón. Grazas, grazas!

I Mostra de Teatro Alter Ego

mostra_programacion_-reducido-webA Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo organiza a I Mostra de Teatro Afeccionado “Alter Ego” na que actuaremos o sábado 8 de outubro ás 20.30h. Volveremos representar na casa a recen estreada “Hoxe non se paga! (e mañá xa veremos”.

As entradas de cada función da mostra teñen un custe de 2€ (agás Animaliños que é de balde) e pódese adquirir un bono que inclue as 4 funcións por 6€.

Venda anticipada en: Nino Pieri, Cafetería Saraiba e Floristería A Rosa tamén estarán dispoñibles unha hora antes de cada función na billeteira do auditorio.