Apoiando aos mariñeiros do cerco

cartazCercoEste domingo 27 de decembro estaremos apoiando ás mariñeiras e mariñeiros do cerco no campamento de San Caetano ás 17:00h. Representaremos o Teatro Exprés “Salvemos o xeito” que conta a historia da loita polos dereitos desta arte de pesca en Europa. O teatro é de público familiar polo que vos animamos a que traiades aos meniños e meniñas.

Así que berremos
Todos/todas xuntas!
Xustiza coas cotas
Xustiza pro cerco!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *