Este xoves 22 e venres 23 de setembro ás 21.00h estreamos no Auditorio de Rianxo a nosa nova produción Hoxe non se paga! (e mañá xa veremos). Tendes máis información sobre a obra e o elenco aquí.
As entradas teñen un custe de 2€ e poden mercarse anticipadamente nos seguintes establecementos:
- Bar Berberecho (Rianxo)
- Perruquería Pelos (Asados)
- Estanco Xacobiño (Asados)
- Auditorio de Rianxo (unha hora antes do inicio das representacións)