O venres 14 ou o 21 de novembro ás 21.00h tes unha cita no Auditorio de Rianxo, Teatro Airiños estrea “Celtas Sen Filtro” unha obra de Xosé Luis Méndez Ferrín e Artello Teatro adaptada polo propio grupo e dirixida por Esther F. Carrodeguas.
As entradas teñen un custe de 2€ e poden mercarse anticipadamente nos seguintes establecementos:
- Bar Berberecho (Rianxo)
- Cafetería Castelao (Rianxo)
- Perruquería Pelos (Asados)
- Estanco Xacobiño (Asados)
- Auditorio de Rianxo (unha hora antes do inicio das representacións)
Máis información sobre a obra aquí