Volven os Celtas a Rianxo

Celtas Sen Filtro 7 febreiro en RianxoEste sábado 7 de febreiro ás 20.30h volvemos xogar na casa, é dicir, estaremos no Auditorio de Rianxo cos nosos “Celtas Sen Filtro”. Non te perdas esta última oportunidade de vernos en Rianxo!

As entradas teñen un custe de 2€ e poden mercarse anticipadamente nos seguintes establecementos:

  • Bar Berberecho (Rianxo)
  • Cafetería Castelao (Rianxo)
  • Perruquería Pelos (Asados)
  • Estanco Xacobiño (Asados)
  • Auditorio de Rianxo (unha hora antes do inicio das representacións)

Máis información sobre a obra aquí

Celtas Sen Filtro en Compostela

cartel_celtas_sen_filtro_santiagoAiriños atraca en Compostela, cidade onde transcurre os nosos Celtas Sen Filtro. Será o domingo 25 ás 19.00h  no Auditorio de ABanca organizado pola Asociación Galega para Axuda a enfermos con Demencia tipo Alzheimer. O custo da entrada é de 5€ en beneficio da AGADEA, e pódense mercar anticipadamente na súa sede. Convidámosvos a vir e así colaborar con esta asociación!

Aproveitamos para felicitarvos as festas. Bo nadal e próspero ano novo!