Arquivos da etiqueta: celtas
Celtas, derradeira función no circuito cultural Festear
Este sábado as 21.00h representaremos o que será, desta vai a vencida, a derradeira posta en escena de Celtas Sen Filtro. Será no Auditorio do Lagar da Pobra do Caramiñal. A función está enmarcada dentro do circuito cultural Festear 2015, … Sigue lendo
Airiños viaxa a Portugal
Temos a honra de comunicarvos que fomos seleccionados para participar no Festival FITAVALE de Comédias do Minho en Portugal. Este festival é froito dunha colaboración entre diferentes federacións de teatro amador de Portugal, León e Galicia. Entre unha ampla oferta … Sigue lendo
Cambiamos de provincia
Este domingo 8 de febreiro estaremos ás 19.00h no Auditorio de Valga. As entradas teñen un custe de 2€ e poden mercarse: anticipadamente na cafetería do Auditorio o domingo no propio Auditorio unha hora antes do inicio da representación.