Este domingo 8 de febreiro estaremos ás 19.00h no Auditorio de Valga.
As entradas teñen un custe de 2€ e poden mercarse:
- anticipadamente na cafetería do Auditorio
- o domingo no propio Auditorio unha hora antes do inicio da representación.
Este domingo 8 de febreiro estaremos ás 19.00h no Auditorio de Valga.
As entradas teñen un custe de 2€ e poden mercarse:
Este sábado 7 de febreiro ás 20.30h volvemos xogar na casa, é dicir, estaremos no Auditorio de Rianxo cos nosos “Celtas Sen Filtro”. Non te perdas esta última oportunidade de vernos en Rianxo!
As entradas teñen un custe de 2€ e poden mercarse anticipadamente nos seguintes establecementos:
Máis información sobre a obra aquí
Airiños atraca en Compostela, cidade onde transcurre os nosos Celtas Sen Filtro. Será o domingo 25 ás 19.00h no Auditorio de ABanca organizado pola Asociación Galega para Axuda a enfermos con Demencia tipo Alzheimer. O custo da entrada é de 5€ en beneficio da AGADEA, e pódense mercar anticipadamente na súa sede. Convidámosvos a vir e así colaborar con esta asociación!
Aproveitamos para felicitarvos as festas. Bo nadal e próspero ano novo!
O Consello da Cultura Galega organizou o pasado martes 28 de outubro unha xornada encamiñada a atender ao teatro amador. Unha parte fundamental do sistema teatral completo que habitualmente non é obxecto de reflexión. Baixo a coordinación de Inma López Silva e de Euloxio Ruibal celebrarase unha xornada sobre o Teatro Amador pensada para reflexionar, dignificar e situalo como parte esencial do tecido teatral galego, na cal Airiños estivo convidado e a cal acudiron Xesus Santos e a nosa actual directora Sther F. Carrodeguas.
Xesús Santos fixo un repaso histórico de Airiños que adxuntamos a este post. De seguido deu paso a Sther que describiu o modelo actual que segue o grupo.
Repaso histórico no Consello da Cultura Galega por Xesús Santos:
AIRIÑOS é o grupo teatral máis antigo do país, o decano da dramática galega. Foi fundado en Asados, Rianxo en 1933, no seo da Agrupación Galeguista. Xurdiu ilusionado coa República, enmudeceu coa barbarie belicosa. Recobrou a voz na fragor da ditadura; sorteou todas as desventuras do franquismo e segue vivo na democracia, sen claudicar do seu ideario: enaltecemento da lingua a través da escena. Airiños fixo deste medio unha práctica cultural comunitaria. Estes 80 anos de vida convertérono no colectivo artístico máis representativo da Galicia rural de entre séculos. Procede dun fogar humilde e segue sendo humilde, sen outra aspiración máis que a de fomentar a cultura popular. Foron fundadores os mestres institucionistas de Rianxo: Manuel e Xosé Rodríguez Castelao, co beneplácito de Rafael Dieste, que por eses anos exercía de director do teatro de marionetas nas Misións Pedagóxicas, convencidos da eficacia do teatro para chegar á xente coa súa mensaxe de galeguidade.