Arquivo da categoría: Novas

Todas as novas sobre o grupo de teatro

Primeiras Nubes do ano

Nosa Señora das Nubes en CatoiraNon nos referimos ás nubes do ceo, as da climatoloxía, xa que esas aínda non nos abandonaron en todo ano, senon que nos referimos a Nosa Señora das Nubes que volven este ano. A primeira cita será no Auditorio Municipal de Catoira o sábado 23 de xaneiro ás 20.30h.

Entrada de balde.

Apoiando aos mariñeiros do cerco

cartazCercoEste domingo 27 de decembro estaremos apoiando ás mariñeiras e mariñeiros do cerco no campamento de San Caetano ás 17:00h. Representaremos o Teatro Exprés “Salvemos o xeito” que conta a historia da loita polos dereitos desta arte de pesca en Europa. O teatro é de público familiar polo que vos animamos a que traiades aos meniños e meniñas.

Así que berremos
Todos/todas xuntas!
Xustiza coas cotas
Xustiza pro cerco!

Estrea Nosa Señora das Nubes

Cartaz Rianxo Nosa Señores das NubesO venres 6 e o sábado 7 de novembro ás 21.00h tes unha cita no Auditorio de Rianxo,  Teatro Airiños estrea “Nosa Señora das Nubes” unha obra de Arístides Vargas, traducida ao galego por Santi Cortegoso e dirixida pola nosa Esther F. Carrodeguas.

As entradas teñen un custe de 2€ e poden mercarse anticipadamente nos seguintes establecementos:

  • Bar Berberecho (Rianxo)
  • Perruquería Pelos (Asados)
  • Estanco Xacobiño (Asados)
  • Auditorio de Rianxo (unha hora antes do inicio das representacións)

Máis información sobre Nosa Señora das Nubes.