Arquivo da categoría: Novas

Todas as novas sobre o grupo de teatro

Celtas, derradeira función no circuito cultural Festear

festear15 Este sábado as 21.00h representaremos o que será, desta vai a vencida, a derradeira posta en escena de Celtas Sen Filtro. Será no Auditorio do Lagar da Pobra do Caramiñal. A función está enmarcada dentro do circuito cultural Festear 2015, un circuito que comeza a súa andadura o venres 29 de maio, e se extenderá ata o vindeiro sábado 27 de xuño e onde podedes atopar entre outras agrupacións e actores a Quico Cadaval, Farand Oleiras Cabaré, Teatro no Aramio, Esther Carrodeguas (a nosa dire!)…

A entrada é de balde.

Vexo Vigo, vexo…

11074367_988667287818831_7762124433758296541_o Este domingo, 10 de maio, atracamos cos nosos Celtas no Centro Veciñal e Cultural Valladares. Contaremos con dobre sesión:

Ás 19:00 haberá unha charla a cargo de Xesús Santos, antigo directos e membro máis veterano do grupo, e Esther F. Carrodeguas, actual directora que faran un repaso pola historia de Airiños. A charla leva por título “Teatro Airiños, 82 anos facendo teatro”.

Ás 20:00h representarase “Celtas Sen Filtro”, obra actualmente en cartel e que podedes atopar máis información no seguinte enlace.

Dicir que a entradas a ambos eventos é totalmente de balde.

Agardámosvos.

Salvemos o xeito

salvemos_o_xeito_cartazDespois de visitar o país veciño esta fin de semana, 25 e 26 de abril, voltamos actuar na terra. Desta vez trátase dun novo Teatro Express, un cantar de cego, Salvemos o xeito co cal percorrereremos todas as parroquias do Concello.

 

O sábado 25 as funcións serán:

18.00 horas – Centro Cultural e Deportivo de Taragoña
19.00 horas – Centro Sociocultural do Araño
20.00 horas – Auditorio de Rianxo

Domingo 26:
18.00 horas – Casa da República de Isorna
19.00 horas – Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro
20.00 horas – Escolas Vellas, Atalaia, de Asados

Airiños viaxa a Portugal

cartazFitavale2015Temos a honra de comunicarvos que fomos seleccionados para participar no Festival FITAVALE de Comédias do Minho en Portugal. Este festival é froito dunha colaboración entre diferentes federacións de teatro amador de Portugal, León e Galicia. Entre unha ampla oferta de funcións teatrais o festival tamén conta con outras actividades como obradoiros de narración (adxuntaremos programa cando sexa publicado). Esta será a primeira vez que Airiños saia do pais e agardamos que non sexa a única. A función será o día 18 de abril ás 21:30h (hora portuguesa) no Cine Teatro João Verde de Monção.

Ademais desta nova función en Portugal engadimos tres localidades máis a nosa axenda: Vigo, Catoira e Pobra do Caramiñal. Tan axiña como sepamos as horas faremovolas saber.

Saúde e teatro!