Arquivo da categoría: Novas

Todas as novas sobre o grupo de teatro

O cabaré chega a Santiago

Cartaz cabaré en SantiagoActualizamos a nosa axenda con dúas actuacións. Onde? No Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela. Ali actuaremos o sábado 18 e o sábado 25 de xaneiro ás 19.00h organizado pola Asociación Galega para Axuda a enfermos con Demencia tipo Alzheimer. O custo da entrada é de 5€ en beneficio da AGADEA, e pódense mercar anticipadamente na súa sede. Convidámosvos a vir e así colaborar con esta asociación!

Aproveitamos para felicitarvos as festas. Bo nadal e próspero ano novo!

O cabaré atraca en Rianxo

Cartaz de RianxoDespois das emocións vividas este sábado no auditorio, rodeados de amigos e familiares, este fin de semana volvemos estar en Rianxo! Grazas a toda esa xente que nos foi ver, que nos aplaudeu e nos dixo cousas tan gratificantes. Para eles os nosos agradecementos.

Que aínda non vistes “O cabaré dos 80… anos de Airiños”? A que agardas? Convidámosvos este venres 8 e sábado 9 de novembro ás 21.00h no Auditorio de Rianxo.

Retirada de entradas 1h antes da función no Auditorio.

Sorteo entradas para “O cabaré dos…”

Cartaz concurso do Cabarésábado 2 de novembro as 21.00h no Auditorio de Rianxo faremos un pase de “O cabaré dos 80… anos de Airiños” ao que só se poderá asistir con convite previo. Sorteamos unha entrada dobre para que nos acompañes ese día.

Por unha entrada dobre díganos unha obra que representara Airiños nestes 80 anos de vida. 1, 2, 3, responda outra vez!

Pois iso! Para participar só tes que dicirnos unha obra que levara Airiños ao escenario nestes 80 anos.

Actualizado: a entrada foi para Rosa Piñeiro.

Estaremos tamén, o venres 8 e o sábado 9 ás 21.00h con previa recollida da entrada 1h antes na recepción do Auditorio.

Seguir lendo

O cabaré dos 80… anos de Airiños

Cartaz do Cabaré dos 80 anos... de Airiños

Convidámosvos o 19 de outubro a acompañarnos na preestrea de “O cabaré dos 80… anos de Airiños” no C.S. da Ramallosa en TEO as 21.00h. Desembarcaremos no Auditorio de Rianxo o 8 e 9 de novembro (hora por confirmar).

Cadro Artístico Airiños cumpre 80 anos e quere celebralo ao grande cun proxecto ben especial, levando ao teatro a súa propia historia: momentos históricos mestúranse coas anécdotas máis divertidas, rememoraremos escenas clásicas e tamén haberá sorpresas… nunca vistas! Cantares de cego, xogos, música, bailes, cancións, paiasos, maxia… por que non?