Todo o bo remata. Este sábado 15 de marzo acaba a nosa “mini-xira” do Cabaré dos 80… anos de Airiños. Non podia ser de outro xeito que rematar na nosa vila, en Rianxo. Así que se aínda non vistes o noso cabaré agardámoste este sábado 15 ás 20.30h no Auditorio de Rianxo. O custo da entrada é de 3€ e poderan mercarse en taquilla ese mesmo día 1h antes como é de costume ou reservalas enviandonos un mail
Arquivos da etiqueta: cabare dos 80
O cabaré atraca en Rianxo
Despois das emocións vividas este sábado no auditorio, rodeados de amigos e familiares, este fin de semana volvemos estar en Rianxo! Grazas a toda esa xente que nos foi ver, que nos aplaudeu e nos dixo cousas tan gratificantes. Para eles os nosos agradecementos.
Que aínda non vistes “O cabaré dos 80… anos de Airiños”? A que agardas? Convidámosvos este venres 8 e sábado 9 de novembro ás 21.00h no Auditorio de Rianxo.
Retirada de entradas 1h antes da función no Auditorio.
O cabaré dos 80… anos de Airiños
Convidámosvos o 19 de outubro a acompañarnos na preestrea de “O cabaré dos 80… anos de Airiños” no C.S. da Ramallosa en TEO as 21.00h. Desembarcaremos no Auditorio de Rianxo o 8 e 9 de novembro (hora por confirmar).
O Cadro Artístico Airiños cumpre 80 anos e quere celebralo ao grande cun proxecto ben especial, levando ao teatro a súa propia historia: momentos históricos mestúranse coas anécdotas máis divertidas, rememoraremos escenas clásicas e tamén haberá sorpresas… nunca vistas! Cantares de cego, xogos, música, bailes, cancións, paiasos, maxia… por que non?