Despois das risas botadas onte no auditorio rianxeiro cortesía de Martabelas, mañá domingo 3 de xuño tócanos ir a nós a Teo. Dentro das Xornadas de Teatro de Martabelas representaremos Romeo e Xulieta ás 19.30h no Auditorio da Ramallosa. Agardámosvos 🙂
Arquivos da etiqueta: teo
“A cousa de Bernalda Alba” por Martabelas
Hoxe venres 1 de xuño, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o grupo teatral Martabelas presenta a obra A cousa de Bernarda Alba. Esta actuación está enmarcada nun intercambio teatral que facemos con este grupo de Teo.
A función terá lugar as 21.00 horas. A entrada ten un custo de 2 € e pode adquirirse unha hora antes na billeteira do auditorio.
O cabaré dos 80… anos de Airiños
Convidámosvos o 19 de outubro a acompañarnos na preestrea de “O cabaré dos 80… anos de Airiños” no C.S. da Ramallosa en TEO as 21.00h. Desembarcaremos no Auditorio de Rianxo o 8 e 9 de novembro (hora por confirmar).
O Cadro Artístico Airiños cumpre 80 anos e quere celebralo ao grande cun proxecto ben especial, levando ao teatro a súa propia historia: momentos históricos mestúranse coas anécdotas máis divertidas, rememoraremos escenas clásicas e tamén haberá sorpresas… nunca vistas! Cantares de cego, xogos, música, bailes, cancións, paiasos, maxia… por que non?