Veladas de primavera 2023

As Veladas é unha proposta de Teatro Airiños que comezou no 2019 como Veladas de inverno. Co paso do tempo, tras sobrevivir á pandemia, pasaron a ser Veladas de Primavera e consisten nunha serie de fins de semana nos que se programan numerosas de actuacións (monólogos, contacontos, teatro…) en Asados, nas Escolas Vellas.

Foi o domingo día 9 e houbo unha gran afluencia de xente. Quico é xa un gran amigo de Airiños e participou tanto nas veladas como na Gala do 85 aniversario.

A primeira das veladas correu a cargo de Quico Cadaval, que fixo o seu monólogo: Vacas, guerras, porcos e cregos.

Como non podía ser doutro xeito, marchou co seu exemplar do libro do 90 aniversario.

Nestes contacontos participaron Merchi, Fran, Pablo, Morán e Amantia na parte técnica.

As veladas continuaron a fin de semana do 15. Día no que houbo un contacontos pensado para a rapazada.

Ademais das intervencións das persoas poñentes, tamén se representaron tres contos publicados no libro. Estes forman parte dos “Contos de Santos” e foron postos en escena por actrices e actores da agrupación.

Para a presentación do texto participaron:

Adolfo Muiños, alcalde de Rianxo. Xesús Santos, exdirector e colaborador do libro. Amantia Coello, directora e autora da obra. Miguel Silva, actor e colaborador.

Para retamar as Veladas, a Escola de Teatro Airiños PatakaMakabra estrou a peza “Rapsodia de Elas. Unha de mitos”. Trátase dun texto de Amantia Coello, quen tamén dirixe, e no que se contan mitos clásicos.

Finalmente, aproveitouse o feche das veladas para facer unha celebración conxunta co pasado, presente e futuro da compañía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *