Facemos 90 anos!

Énchenos de ledicia celebrar o noso 90 aniversario, o que nos converte no grupo de teatro amador máis antigo de Galiza. Para celebralo, organizamos unha programación que vai ocupar todo o que queda do 2023 e máis. Editamos un libro, organizamos presentacións, imos facer as xa míticas veladas e, como colofón, versionaremos un clásico moi querido pola compañía e estraremos “As vellas non deben de namorarse”.

Para máis información podes seguirnos nas nosas redes sociais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *