Mostra de Teatro Amador do Concello de Rianxo

CartazMostraAmador2013O domingo 30 de xuño as 21.30h os máis pequenos do Grupo de Teatro Airiños participan na Mostra de Teatro Amador organizada pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo. Os nosos rapaces representarán Que vida é esta e 10 negriños.

Lembrámosvos tamén que podedes visitar a exposición Cadro Artístico Airiños 1933-2013 80 aniversario no Auditorio de Rianxo dende o 8 de xuño ao 6 de xullo.

Deixámosvos a programación completa(todas as representacións comezarán as 21.30 horas):

VENRES 21 DE XUÑO
República de Gundián a cargo de Andaravía Teatro

SABADO 22 DE XUÑO
Proxecto 45 a cargo de Pinchacarneiro Teatro

XOVES 27 DE XUÑO
O tempo do Pájaro Pinto do Grupo Artístico de Teatro, Música e Danza de Rianxo

VENRES 28 DE XUÑO
Os pintores non teñen recordos da Agrupación Teatral Criaturas

SÁBADO 29 DE XUÑO
Folie à trois: paranoia compartida a cargo de Mequetrefes Teatro

DOMINGO 30 DE XUÑO
Que vida é esta e 10 negriños a cargo do Cadro Artístico Airiños (alevíns e benxamíns)

As entradas custan 2€ con posibilidade de un bono de 8€.

Unha reflexión sobre “Mostra de Teatro Amador do Concello de Rianxo

  1. Pingback: Sorteo dunha entrada dobre para Que vida é esta e 10 negriños | Grupo de Teatro Airiños

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *