O Grupo de Teatro Airiños sortea unha entrada dobre para ver a representación dos nosos pequenos airiños o día 30 de xuño as 21.30h no Auditorio de Rianxo, onde se celebra a Mostra de Teatro Amador organizado pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo. As obras que se representan titúlanse: Que vida é esta e 10 negriños.
Para participar no sorteo tendes que realizar todos estes pasos de forma correcta. A participación conleva a aceptación das regras e condicións que especificamos máis abaixo.
- Ser seguidor de Airiños no Facebook (darlle a gústame).
- Cubrir este formulario onde terás que escribir o teu nome completo segundo figure en Facebook.
Regras e condicións
- Ningún membro actual de Airiños pode participar no sorteo.
- O concurso remata o mércores 26 de xuño ás 23.59h.
- O mércores 26 de xuño publicarase a listaxe de participantes, coa participación asociada a cada un. Teredes de prazo até as 17h dese mesmo día para enviar reclamacións á listaxe por se fose preciso corrixir algún erro. De non avisar de correccións, entenderase que a listaxe publicada é definitiva.
- O gañador elixirase aplicando a operación matemática módulo “número do sorteo da ONCE do xoves 27 de xuño” MOD “número de participantes totais”.
- Contactarase coa persoa gañadora mediante Facebook.
- Calquera circunstancia que puidera xurdir e non esté considerada nestas bases, quedará baixo a interpretación do Grupo de Teatro Airiños.
- A participación no concurso implica a aceptación de todas as regras anteriores.
gústame teatro Airiños