O sábado 11 de xuño no Auditorio de Rianxo haberá teatro a cargo d’Os Fantásticos, os máis pequenos da Escola de Teatro Airiños. “O lobishome” dará comezo ás 20.30h. Está interpretada por Uxía, Breogán, Zaire, Iria, Lucía, Sara, Lois e Mateo e dirixida por Raquel Ramos. Estades todos convidados.
O lobishome
Esta entrada foi publicada en Novas e etiquetada escola de teatro, o lobishome, os fantasticos, rianxo. Garda a ligazón permanente.