Arquivos do autor: Airiños

Con S de Súper

carte_s_de_super Outro fin de semana máis temos teatro no Auditorio de Rianxo. Desta vez a cargo d’Os Kabramakabra que se subirán ás táboas o sábado 18 de xuño ás 20.30h para representar Con S de Súper, unha creación colectiva.

O venres 17 realizarán tres pases da función para os seus compañeiros do IES Félix Muriel, recuperando así unha vella cita arreigada na primeria etapa da Escola de Teatro e que aínda non se recuperara dende a súa nova posta en marcha en 2012.

Con de S de Súper está interpretada por Lucía, Silvia, Luismi, Rebeca, Carmela e Marco e está dirixida por Raquel Ramos. Agardámovos!

Primeiras Nubes do ano

Nosa Señora das Nubes en CatoiraNon nos referimos ás nubes do ceo, as da climatoloxía, xa que esas aínda non nos abandonaron en todo ano, senon que nos referimos a Nosa Señora das Nubes que volven este ano. A primeira cita será no Auditorio Municipal de Catoira o sábado 23 de xaneiro ás 20.30h.

Entrada de balde.