Os nosos parabéns ós Kabramakabra da nosa Escola de Teatro que acaban de recibir unha mención especial do xurado ó Talento e á Creatividade por “Con S de Super” nos Premios Buero de Teatro Joven de CocaCola. En especial a Marco Bravo por obter a mención especial a Mellor Traballo Actoral. A seguir medrando rapaces!
Arquivos do autor: Airiños
Domingo 21 en Asados!
HOMENS MULHERES Venha o diabo e escolha (Portugal)
Rematadas as filloas e orellas, gardados os disfraces e xa queimado o finado do Toribiño, temos o pracer de anunciar que froito dun intercambio teatral este sábado 11 de marzo ás 21h teremos no Auditorio de Rianxo ao GEDE (Grupo de Expressão Dramática de Escapães) de Santa Maria da Feira, Portugal. Representarán “HOMENS MULHERES Venha o diabo e escolha” unha comedia divertida que xira en torno a loita entre sexos.
A entrada é de balde e pódense retirar 1 hora antes na billeteira do propio auditorio. QUEDADES TODOS CONVIDADOS!
Hoxe non se paga en Compostela
Hoxe non se paga en Catoira
Parece que Catoira está de moda, e dicímolo despois de que nesta semana se falara de Catoira por todo o estado español grazas á estrea da serie O final do camiño. Como está de moda nós non imos ser menos, un ano máis (grazas concello de Catoira!) volvemos cruzalo Ulla para estar ás 21h no Auditorio de Catoira con Hoxe non se paga. Agardámosvos 🙂

