Arquivo da categoría: Novas
“A cousa de Bernalda Alba” por Martabelas
Hoxe venres 1 de xuño, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o grupo teatral Martabelas presenta a obra A cousa de Bernarda Alba. Esta actuación está enmarcada nun intercambio teatral que facemos con este grupo de Teo. A … Sigue lendo
Os Kabramakabra fanse con dous Premios na III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”
Hai uns meses faciámosvos partícipes da nosa alegría de ser uns dos 5 grupos seleccionados de 19 inscritos para participar na III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” do Concello de Zas. Unha vez rematadas as cinco representacións, este domingo … Sigue lendo
Premios Buero de Teatro Joven 2018
Os Kabramakabra están de noraboa, a súa obra Mass Co-medias, escrita e dirixida por Raquel Ramos, ven de gañar a Mención do Xurado por Texto Orixinal nos Premios Buero de Teatro Joven organizados pola Fundación Coca-Cola. Premios que van pola … Sigue lendo
Teatro Airiños no Fest’Arte (Braga, Portugal)
Este sábado 19 de maio temos a honra de participar na XIII Mostra de Teatro Amador Fest’Arte organizada pola Nova Comédia Bracarense e Junta de Freguesia de Palmeira (Braga). Será a nosa cuarta internacionalización despois de Monção, Santa Maria da … Sigue lendo
Romeo e Xulieta no Araño
O xoves 17 de maio estaremos celebrando o Día das Letras Galegas representando Romeo e Xulieta no novo escenario da Asociación de Veciños do Araño. A función é ás 20.00h e a entrada é de balde. Agardámosvos 🙂