Arquivos da etiqueta: rianxo

Estrea en Rianxo de Celtas Sen Filtro

cartel_celtas_sen_filtro_RianxoO venres 14 ou o 21 de novembro ás 21.00h tes unha cita no Auditorio de Rianxo,  Teatro Airiños estrea “Celtas Sen Filtro” unha obra de Xosé Luis Méndez Ferrín e Artello Teatro adaptada polo propio grupo e dirixida por Esther F. Carrodeguas.

 

As entradas teñen un custe de 2€ e poden mercarse anticipadamente nos seguintes establecementos:

  • Bar Berberecho (Rianxo)
  • Cafetería Castelao (Rianxo)
  • Perruquería Pelos (Asados)
  • Estanco Xacobiño (Asados)
  • Auditorio de Rianxo (unha hora antes do inicio das representacións)

Máis información sobre a obra aquí

Derradeira función de Cabaré

Estrea do Cabaré dos 80 anos... de Airiños en Teo

Estrea do Cabaré dos 80 anos… de Airiños en Teo

Todo o bo remata. Este sábado 15 de marzo acaba a nosa “mini-xira” do Cabaré dos 80… anos de Airiños. Non podia ser de outro xeito que rematar na nosa vila, en Rianxo. Así que se aínda non vistes o noso cabaré agardámoste este sábado 15 ás 20.30h no Auditorio de Rianxo. O custo da entrada é de 3€ e poderan mercarse en taquilla ese mesmo día 1h antes como é de costume ou reservalas enviandonos un mail

O cabaré atraca en Rianxo

Cartaz de RianxoDespois das emocións vividas este sábado no auditorio, rodeados de amigos e familiares, este fin de semana volvemos estar en Rianxo! Grazas a toda esa xente que nos foi ver, que nos aplaudeu e nos dixo cousas tan gratificantes. Para eles os nosos agradecementos.

Que aínda non vistes “O cabaré dos 80… anos de Airiños”? A que agardas? Convidámosvos este venres 8 e sábado 9 de novembro ás 21.00h no Auditorio de Rianxo.

Retirada de entradas 1h antes da función no Auditorio.