Arquivos da etiqueta: rianxo

Estrea de Hoxe non se paga!

cartel-hoxe-non-se-paga-con-espazo-granate Este xoves 22 e venres 23 de setembro ás 21.00h estreamos no Auditorio de Rianxo a nosa nova produción Hoxe non se paga! (e mañá xa veremos). Tendes máis información sobre a obra e o elenco aquí.

As entradas teñen un custe de 2€ e poden mercarse anticipadamente nos seguintes establecementos:

  • Bar Berberecho (Rianxo)
  • Perruquería Pelos (Asados)
  • Estanco Xacobiño (Asados)
  • Auditorio de Rianxo (unha hora antes do inicio das representacións)

Estrea Nosa Señora das Nubes

Cartaz Rianxo Nosa Señores das NubesO venres 6 e o sábado 7 de novembro ás 21.00h tes unha cita no Auditorio de Rianxo,  Teatro Airiños estrea “Nosa Señora das Nubes” unha obra de Arístides Vargas, traducida ao galego por Santi Cortegoso e dirixida pola nosa Esther F. Carrodeguas.

As entradas teñen un custe de 2€ e poden mercarse anticipadamente nos seguintes establecementos:

  • Bar Berberecho (Rianxo)
  • Perruquería Pelos (Asados)
  • Estanco Xacobiño (Asados)
  • Auditorio de Rianxo (unha hora antes do inicio das representacións)

Máis información sobre Nosa Señora das Nubes.

Sorteo de entradas para Celtas Sen Filtro

Queres asistir a estrea de Celtas Sen Filtros? Queres conseguir unha entrada dobre gratis para o pase do 14 de novembro ás 21.00h? É moi simple.

Para participar no sorteo tendes que realizar todos estes pasos.

  1. Dalle a gústame na publicación do cartaz no Facebook de Airiños
  2. Comparte o cartel no Facebook
  3. Cubre este formulario onde terás que escribir o teu nome completo segundo figure en Facebook, para poder comunicarche se es o gañador.

Actualización: Segundo o sorteo da ONCE celebrado o xoves 13 de novembro de 2014, a gañadora de dúas entradas para Celtas Sen Filtro deste venres 14 é Mónica Blanco.

Seguir lendo