O sábado 2 de novembro as 21.00h no Auditorio de Rianxo faremos un pase de “O cabaré dos 80… anos de Airiños” ao que só se poderá asistir con convite previo. Sorteamos unha entrada dobre para que nos acompañes ese día.
Por unha entrada dobre díganos unha obra que representara Airiños nestes 80 anos de vida. 1, 2, 3, responda outra vez!
Pois iso! Para participar só tes que dicirnos unha obra que levara Airiños ao escenario nestes 80 anos.
Actualizado: a entrada foi para Rosa Piñeiro.
Estaremos tamén, o venres 8 e o sábado 9 ás 21.00h con previa recollida da entrada 1h antes na recepción do Auditorio.

